Últimas Noticias

BUSCAMOS XENTE PARA A ÁREA DE CONSULTARÍA SOCIAL

jueves, 13 de septiembre de 2018

Talent´s Loop. Potencia Tu Talento

martes, 5 de mayo de 2015

Emprende Way, un camino diferente al emprendimiento

jueves, 18 de diciembre de 2014

BUSCAMOS XENTE PARA A ÁREA DE CONSULTARÍA SOCIAL

Fecha: jueves, 13 de septiembre de 2018
BUSCAMOS XENTE PARA A ÁREA DE CONSULTARÍA SOCIAL

Neste momento estamos buscando a alguén que poida apoiarnos na execución de varios proxectos no último trimestre do ano. De xeito específico, o posto é para incorporarse na nosa liña de Consultaría Social, podendo colaborar de xeito máis puntual nas outras liñas de negocio.

Fundamentalmente buscamos persoas de Ciencias Sociais e Humanidades, con compromiso e implicación social. Persoas con experiencia ou con ganas de aprender, que saiban traballar en equipo e cun enfoque orientado á consecución de resultados. 

Algúns dos aspectos que valoramos son:

ü  Coñecementos de Educación para o Desenvolvemento.

ü   Experiencia en voluntariado en ONGD.

ü   Coñecementos e interese pola investigación social.

ü   Habilidades comunicativas e capacidade para dinamizar grupos de discusión.

ü   Boa capacidade de redacción.

ü   Manexo MS Office.

ü   Persoa proactiva, enfoque orientado á consecución de obxectivos.

ü   Con ganas de aprender e experiencia en traballo en equipo.

ü  Lugar de traballo: Compostela.

ü  Nivel alto de galego (imprescindible).

Se tes interese en formar parte do equipo de Wayna Consultora, envíanos un mail a info@waynaconsultora.es (Asunto: RRHH_coopera1819) co teu CV e unha carta explicándonos a túa motivación para traballar con nós e en que nos podes axudar. Tes de prazo ata o 28 de setembro.