Últimas Noticias

BUSCAMOS XENTE PARA A ÁREA DE CONSULTARÍA SOCIAL

jueves, 13 de septiembre de 2018

Talent´s Loop. Potencia Tu Talento

martes, 5 de mayo de 2015

Emprende Way, un camino diferente al emprendimiento

jueves, 18 de diciembre de 2014

Subvencións 2013 da Deputación da Coruña

Fecha: viernes, 18 de enero de 2013
Subvencións 2013 da Deputación da Coruña

Xa está publicada a convocatoria para as subvencións da Deputación da Coruña para o ano 2013. A tramitación é online, a través da Web da propia Deputación. O prazo de solicitude remata o 15 de febreiro no caso dos Concellos e o 22 de febreiro no caso das entidades e asociacións.

As liñas de actuación recollidas nesta orde enmárcanse nos seguintes ámbitos: 

-          Actividades de Promoción Económica

-          Desenvolvemento de Servizos Sociais

-          Políticas de Igualdade entre Mulleres e Homes e Loita contra a Violencia

-          Proxectos de Envellecemento Activo

Dende Wayna Consultora ofrecemos a Asistencia Técnica precisa para xestionar a subvención, deseñar e executar o proxecto que máis se axuste ás súas necesidades, así como para avaliar as accións e realizar as xustificacións técnicas e económicas oportunas.

Como empresa garantimos unha excelente calidade técnica dos nosos proxectos, con altas doses de creatividade e innovación nas accións. Asemade, o compromiso, a responsabilidade, a flexibilidade e o excelente trato persoal son os piares da nosa organización.

Se tes interese en solicitar esta subvención e queres recibir máis información sobre elo, non dubides en contactar con nós sen ningún tipo de compromiso.

proyectos@waynaconsultora.es

 Máis información e acceso á tramitación online: http://www.dicoruna.es/subvencions/2013