Últimas Noticias

BUSCAMOS XENTE PARA A ÁREA DE CONSULTARÍA SOCIAL

jueves, 13 de septiembre de 2018

Talent´s Loop. Potencia Tu Talento

martes, 5 de mayo de 2015

Emprende Way, un camino diferente al emprendimiento

jueves, 18 de diciembre de 2014

Subvencións 2013 Xunta de Galicia para PEMES

Fecha: miércoles, 19 de junio de 2013
Subvencións 2013 Xunta de Galicia para PEMES

Xa están publicadas as subvencións da Xunta de Galicia para as pequenas e medianas empresas nos eidos da Responsabilidade Social Empresarial e a Igualdade de Xénero.

O PRAZO para presentar as solicitudes remata o 10 de xullo. E o PERÍODO DE EXECUCIÓN das mesmas vai desde o 01/01/2013 ata o 31/10/2013.

Os detalles das LIÑAS obxecto de subvención son:

LIÑA 1. Axudas para implantar a RSE nas empresas

Subvencionarase a formación do persoal das empresas que elaboren o seu informe de RSE, ou memoria de sustentabilidade, a través do programa informático Xunta PRO-RSE, ferramenta de xestión da RSE, a nivel de usuario.

LIÑA 2. Axudas para o fomento da igualdade laboral

PROGRAMA 1

Axudas para a implantación de plans de igualdade nos termos e nos ámbitos definidos na Lei 2/2007, de traballo en igualdade das mulleres de Galicia, tanto de xeito voluntario como en cumprimento da obriga establecida nun convenio colectivo de ámbito superior á empresa.

Actividades subvencionables:

· Realización dunha diagnose da realidade da empresa desde a perspectiva de xénero para a elaboración dun plan de igualdade.

· Asistencia a cursos de formación en materia de igualdade.

· A contratación de persoal con experiencia e/ou coñecementos en materia de igualdade, co obxecto de asesorar na elaboración e na implantación do plan de igualdade.

· Os gastos derivados da contratación dunha empresa ou entidade externa especializada en materia de igualdade para o asesoramento na elaboración e na implantación e aplicación do plan de igualdade

PROGRAMA 2

Axudas para investimentos tendentes á eliminación da infrarrepresentación feminina nos eidos laborais ocupados predominantemente por homes. Enténdese por actividade subvencionable os gastos ligados á adaptación das instalacións ou ao investimento noutros medios materiais da empresa tales como vestiarios ou baños, para adecuala as novas necesidades resultantes da contratación de mulleres.

PROGRAMA 3

Axudas para os investimentos tendentes a garantir e mellorar o dereito á conciliación da vida persoal, familiar e laboral. Neste caso, as actividades que se subvencionan son os gastos derivados dos investimentos das empresas para habilitar servizos de: comedor, gardaría, lugares axeitados para o repouso das traballadoras embarazadas, salas de lactación ou instalacións análogas co fin de garantir e mellorar o dereito á conciliación da vida familiar e laboral.

Se o desexas podes contactar con nós para xestionar estas axudas ou asesorarche sobre os requisitos. Tamén podes consultarnos, sen ningún tipo de compromiso, polos nosos servizos nos eidos das Diagnoses e Plans de Igualdade e da Formación en materia de igualdade de xénero.

 

proyectos@waynaconsultora.es